A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Activo un lume no concello de Carnota, parroquia do Pindo, que afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas

Permanece activo o lume -procedente de Portugal- no concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira que afecta unhas 160 hectáreas

Permanecen controlados os dous incendios no concello de Vilariño de Conso, parroquias de Castiñeira e de San Cristovo

Extinguido o lume no municipio de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que afectou unha superficie de 40 hectáreas

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Carnota

Activo desde as 7,33 h. desta mañá un lume no concello de Carnota, parroquia do Pindo, que afecta de forma provisional unhas 50 hectáreas de superficie. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 1 técnico, 6 axentes, 12 brigadas, 10 motobombas, 4 avións e 4 helicópteros.

A Mezquita

Sobre as 12,30 h. do mediodía de onte entraba desde Portugal un lume no concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira. Tras telo practicamente controlado, unha nova fronte procedente tamén do país veciño reactivou este lume. Así, segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 160 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 11 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros.

Vilariño de Conso

Os dous lumes rexistrados no concello de Vilariño de Conso permanecen controlados dende as 8,36 h. da mañá, tras comezar o venres á noite con tres focos cada un deles. Segundo as últimas estimacións, as superficie afectadas son de 16,42 hectáreas no caso da parroquia de Castiñeira e de 45,39 hectáreas na de San Cristovo. En canto aos medios, lévanse mobilizado en total 12 axentes, 22 brigadas, 9 motobombas e 3 pas.

Chandrexa de Queixa

Extinguido ás 12,34 h. o lume que comezaba ás 16,43 h. do venres no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. Tras a medición correspondente, a superficie afectada foi de 40 hectáreas, das cales 1 son arboradas e 39 de monte raso. Na súa extinción participaron un total de 7 axentes, 24 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural