A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe aos participantes desta iniciativa

Un grupo de mozas e mozos desfrutan da aventura na natureza no campamento de verán Os Chacotes en Palas de Rei

O programa de actividades inclúe deportes de montaña, tiro con arco ou xogos tradicionais, entre outras

Palas de Rei (Lugo), 2 de setembro de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe, en compañía do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, ao grupo de mozas e mozos que participan no campamento xuvenil Multiaventura nos Chacotes. En concreto, os participantes realizan actividades de montaña: bicicleta, escalada, tiro con arco e xogos tradicionais, entre outras.

Cristina Pichel achegouse ata ao concello lucense para visitar a última quenda deste campamento que comezou o día 26 de agosto e que rematará este mesmo venres cunha xornada de despedida.

En total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Ademais, a Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego.

Imaxes relacionadas