Educación incorpora 26 novos centros públicos ao Plan de mellora de bibliotecas escolares

En total serán 705 centros públicos os integrados no curso 2020/2021 nesta iniciativa

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2020/21. A través dela, incorpóranse a este programa un total de 26 centros públicos, que se relacionan na seguinte táboa:

 

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Abegondo

IES de Viós

A Coruña

Boiro

IES Espiñeira

A Coruña

Boiro

IES Plurilingüe A Cachada

A Coruña

Carral

IES de Carral

A Coruña

Coruña, A

CEIP Eusebio da Guarda

A Coruña

Coruña, A

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

A Coruña

Laracha, A

CEIP Ramón Otero Pedrayo

A Coruña

Santiago de Compostela

CEE A Barcia

A Coruña

Toques

CEIP Plurilingüe de Toques

Lugo

Barreiros

CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

Lugo
Cervantes
CPI de Cervantes
Lugo
Chantada
CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla
Lugo
Monforte de Lemos
EOI de Monforte de Lemos
Ourense
Amoeiro
CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo
Ourense
Nogueira de Ramuín
CEIP Plurilingüe de Luíntra
Ourense
Ourense
CEIP Curros Enríquez
Ourense
Ourense
CEIP de Práct. da E.U. Form. Profes. EXB
Ourense
Ourense
IES Universidade Laboral
Pontevedra
Marín
CEIP de Ardán
Pontevedra
Marín
IES Chan do Monte
Pontevedra
Neves, As
CEIP Marquesa do Pazo da Mercé
Pontevedra
Oia
CEIP de Refoxos
Pontevedra
Ponte Caldelas
CEIP Plurilingüe A Reigosa
Pontevedra
Salceda de Caselas
CRA Raíña Aragonta
Pontevedra
Salvaterra de Miño
CRA A Lagoa
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa
EOI de Vilagarcía


En total formarán parte do PLAMBE este curso un total de 705 centros públicos.

Fondos


A dotación total asignada, para os centros de nova incorporación e para os de continuidade, ascende a 1.374.700? €. As asignacións para as novas incorporacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento específicos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no Plan.

Entre outras cuestións, a convocatoria establece que as adquisicións dos fondos se realizarán, preferentemente, a través das librerías da zona de referencia do centro, e que deberán incluír materiais destinados á atención da diversidade (libros e outros materiais destinados ao alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, altas capacidades, alumnado inmigrante etc.). Así mesmo, a multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente contempladas; e o 50% dos materiais adquiridos deberán ser en lingua galega. Ademais, poderase mercar con estas asignacións mobiliario específico e adaptado ás necesidades da comunidade educativa.

Por outra banda, os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado e do propio programa, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería, desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.
 

Imaxes relacionadas