Estabilizado o incendio rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que tamén afecta o veciño municipio ourensán de Cortegada, parroquia de Rabiño

Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada provisional rolda as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou estabilizado ás 19,30 h. o lume rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que tamén afecta o veciño municipio ourensán de Cortegada, parroquia de Rabiño.

O incendio orixinouse ás 15,55 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, rolda as 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No control deste incendio levan traballado ata o momento 1 técnico, 8 axentes, 21 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 7 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.