O 061 de Galicia asistiu a 58 persoas por 42 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 21 de agosto, ata as 23,59 horas do domingo, 23 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 52 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 24 de agosto de 2020

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 58 persoas debido a 42 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 21 de agosto, ata as 23,59 horas do domingo, 23 de agosto. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 20 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 42 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 58 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62% e do 38% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 43% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra rexistrou 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
15
Lugo
3
Ourense
1
Pontevedra
23
Galicia
42

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 51 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove accidentes.

En 54 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Imaxes relacionadas