A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no río Rigueira, no Concello de Xove

Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso pola Ruta dos Muíños, na parroquia da Rigueira

As actuacións céntranse na roza da contorna, así como na retirada de árbores caídas en dúas seccións puntuais do río

As obras enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2020

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Rigueira, no Concello de Xove.

Estas tarefas estanse a desenvolver no citado río ao seu paso pola Ruta dos Muíños, na parroquia da Rigueira.

As actuacións céntranse na roza da contorna, así como na retirada de árbores caídas en dúas seccións puntuais do río.

As obras enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Imaxes relacionadas