O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de San Bartolomeu de Berrande, no concello ourensán de Vilardevós

Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 508 hectáreas

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se aproba o acordo da reestruturación parcelaria da zona de San Bartolomeu de Berrande, no concello ourensán de Vilardevós, que afecta 508 hectáreas.

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 3.942 parcelas en 630 predios, nun proceso que supuxo o investimento de case dous millóns de euros por parte da Xunta.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.