Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou o Parque Natural do Xurés

Iniciouse en dous focos simultáneos e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 0,6 hectáreas de monte raso, contabilizado ambos focos

Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, e que afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, quedou extinguido ás 01,20 h. desta madrugada.

O lume iniciábase onte ás 20,30 horas en dous focos simultáneos. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 0,6 hectáreas de monte raso, contabilizando ambos focos. Para a súa extinción mobilizáronse en total 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas, 1 helicóptero e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.