Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural do Xurés

Iniciouse en dous focos simultáneos e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 0,6 hectáreas de monte raso, contabilizado ambos focos

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal estabilizado ás 21,33 h. de hoxe e rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Iniciouse ás 20,30 horas en dous focos simultáneos. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 0,6 hectáreas de monte raso, contabilizando ambos focos. Para o control deste lume mobilizáronse 1 axente, 5 brigadas, 3 motobombas, 1 helicóptero e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.