A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

Activo un lume no municipio lucense de Navia de Suarna, parroquia de Son, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 70 hectáreas

Segue activo o incendio do concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 170 hectáreas provisionais

Estabilizado o incendio do municipio ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta unhas 50 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

No mesmo parque natural, quedou controlado o incendio do municipio ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que afecta unhas 30 hectáreas provisionais

Segue controlado o lume do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

Navia de Suarna

Activo dende as 22,07 h. da noite pasada un lume no municipio lucense de Navia de Suarna, parroquia de Son, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 70 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 4 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas e 1 pa.

Toén

Segue activo, dende as 17,40 h. da tarde de onte, o incendio do concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 170 hectáreas. Para a súa extinción lévanse mobilizado 1 técnico, 7 axentes, 20 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 10 avións e 9 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Muíños

Estabilizado ás 00,43 h. da noite o incendio do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que se rexistrara no mesmo lugar onde quedaran extinguidos outros dous lumes a madrugada anterior. Segundo as últimas estimacións, o incendio afecta unhas 50 hectáreas provisionais do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción lévanse mobilizado 2 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.

Lobeira

Controlado ás 23,14 h. da pasada noite o incendio do concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, rolda unhas 30 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 5 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 4 avións e 2 helicópteros.

Viana do Bolo

Segue controlado, dende as 19,27 h. da tarde de onte, o incendio forestal rexistrado no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou o pasado luns e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 200 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado ata o de agora 17 axentes, 56 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural