A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Continúa activo o incendio do concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 110 hectáreas

Permanece controlado o incendio da parroquia de Rubiais, tamén neste mesmo municipio de Viana do Bolo, que afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Pradorramisquedo

Continúa activo o incendio forestal do concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou na mañá do luns e, segundo as últimas estimacións, afecta provisionalmente unhas 110 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 10 axentes, 31 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

Rubiais

Segue controlado dende as 18,45 h. de onte o lume rexistrado na noite do luns neste mesmo municipio de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado ata o momento 6 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. del Medio Rural