A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Activo un lume no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas

Controlado o incendio rexistrado na parroquia de Rubiais, tamén no concello de Viana do Bolo, que segundo novas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Pradorramisquedo

Activo un incendio no concello de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou onte ás 10,28 h. da mañá, afectando agora as 50 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 6 axentes, 21 brigadas, 2 motobombas, 4 avións e 7 helicópteros.

Rubiais

Controlado ás 18,45 h. desta tarde o lume rexistrado onte ás 22,43 h. da noite no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que segundo novas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado ata o momento 4 axentes, 13 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural