A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Activada como medida preventiva a Situación 2 no incendio do concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao, que afecta provisionalmente unhas 300 hectáreas de superficie

Segue controlado o lume do concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, que afecta provisionalmente unhas 720 hectáreas (450 forestais e 270 agrícolas)
 

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Cualedro

Activada como medida preventiva a Situación 2 no incendio do concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao, pola proximidade do lume ao núcleo de San Cristovo, pertencente ao municipio de Monterrei. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 300 hectáreas. Para a súa extinción lévanse mobilizado 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 12 avións.

Monterrei

Segue controlado desde as 11,52 h. de onte o lume do concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, que se iniciara o pasado venres. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas. Para a extinción deste incendio lévanse mobilizado 4 técnicos, 33 axentes, 88 brigadas, 36 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural