A Xunta aproba a posta en marcha dun novo servizo de autobús á praia de Pantín, en Valdoviño, desde mañá e durante todo o mes de agosto

O autobús que parte de Cedeira ás 9:30 horas e o que sae de Ferrol ás 12:30 horas farán parada en Ariño (Pantín) coa fin de atender á demanda de pasaxeiros relacionada coa escola de surf

Ademais, amplíase ao período non lectivo o servizo das 7:30 horas da praia da Frouxeira-Sedes-Praza de Galicia (Ferrol) coa fin de atender á demanda dos traballadores

Introdúcese unha nova expedición desa liña ás 15:15 horas
 

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de autorizar a implantación dun novo servizo do transporte metropolitano á praia de Pantín, en Valdoviño.

O novo servizo de autobuses atende á demanda de pasaxeiros que asisten diariamente á escolas de surf da praia de Pantín e operará, desde mañá e durante todo o mes de agosto.

Ampliaranse os servizos habilitando parada en Ariño (praia de Pantín) das 9:30h, correspondente a liña Cedeira-Ferrol pola AC-566; e tamén no servizo das 12:30h Ferrol- Cedeira, polo concello de Narón.

Tamén para a mellor adecuación dos horarios dos autobuses interurbanos ás necesidades dos veciños do municipio, amplíase a período non lectivo o servizo das 7:30h na liña praia da Frouxeira-Sedes-praza de Galicia (Ferrol), moi utilizado polos traballadores e xa existente durante o curso. A maiores, refórzanse nesta liña as expedicións do mediodía, cun novo servizo ás 15:15h.

O prezo do billete é de 1,55 euros, que se reduce ata os 0,88 euros para os usuarios da tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia (TMG). Ademais, os menores de 21 anos poderán viaxar de xeito gratuíto coa tarxeta Xente Nova da Xunta.

Estas novas prestacións forma parte das melloras introducidas no contrato do Plan de Transporte Público de Galicia da Xunta, posto en marcha o pasado 1 de xaneiro e que desenvolve a empresa Monbus.
 

Imaxes relacionadas