A Xunta pon en valor o labor das organizacións de produtores pesqueiros na promoción dos produtos do mar de Galicia

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2020

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, fixo hoxe fincapé no importante labor que realizan as organizacións de produtores pesqueiros no ámbito da promoción dos produtos do mar de Galicia. Así o destacou durante a presentación da campaña promocional De costa a costa, unha viaxe sensorial, da Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín (Opromar) e realizada no marco do seu plan de produción e comercialización.

Esta iniciativa de Opromar ten como obxectivo difundir a gastronomía de Galicia a través do consumo de produtos pesqueiros, como a pescada negra, o xurelo e o lirio, con diferentes receitas inspiradas na cultura de diferentes rexións de España. Con ela, destacou a directora xeral, promóvese o consumo de especies menos coñecidas con novas elaboracións que levan aos consumidores a unha viaxe sensorial. Mercedes Rodríguez recoñeceu ademais os esforzos dos produtores de Opromar durante o estado de alarma do coronavirus, período no que continuaron traballando para subministrar de alimento á cidadanía.
 

Imaxes relacionadas