A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Permanece estabilizado o incendio do concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional de 144 hectáreas

Controlado o lume do concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Cima, que afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Verín

Permanece estabilizado desde as 12,49 h. o incendio do concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 144 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 7 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 9 avións.

Riós

Controlado ás 16,24 h. desta tarde o lume do concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Cima, que se iniciou ás 22,07 h. da pasada noite. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. Na súa extinción levan traballado ata o momento 6 axentes, 13 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.