A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Estabilizado o incendio do concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie provisional de 144 hectáreas

Continúa estabilizado o lume do concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Cima, que afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas

Extinguido o incendio do municipio coruñés de Porto do Son, parroquia de Nebra, que segundo a última medición afectou unha superficie de 40 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Verín

Estabilizado desde as 12,49 h. o incendio do concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 144 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 6 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 9 avións.

Riós

Estabilizado dende as 7,16 h. desta mañá o lume do concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Cima, que se iniciou ás 22,07 h. da pasada noite. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control levan traballado ata o momento 5 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

Porto do Son

Extinguido ás 11,27 h. desta mañá o incendio forestal do concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Nebra, que comezara ás 16,51 h. da tarde do martes. Segundo a última medición, afectou unha superficie de 40,71 hectáreas de arborado. Nel traballaron 1 técnico, 22 axentes, 34 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural