A Xunta facilitou ata o de agora máis de 1,1 millóns de unidades de protección a 164 centros sociais da área territorial de Vigo

Desde o inicio entregáronse desde a Delegación Territorial 578.290 luvas, 473.814 máscaras e 21.346 batas, entre diverso material de protección e desinfección

Atendendo á última semana enviáronse a 98 centros da área 85.277 novas unidades entre máscaras, luvas, batas, gorros, calzas e material de desinfección
 

Vigo, 23 de xullo de 2020

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos centros sociais que compoñen a área territorial de Vigo. Deste modo, na última semana enviáronse en conxunto 49.700 luvas, 34.739 máscaras e 238 batas, entre diverso material de protección e desinfección e limpeza a 98 centros, facendo un total de 85.277 novas unidades en conxunto, que inclúen pantallas e diversos produtos de limpeza e desinfección.

Con este último reparto, as unidades enviadas a un total de 164 centros sociais da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 1.136.036 unidades de material de protección. Así, foron 578.290 luvas, 473.814 máscaras e 21.346 batas. Todos estes centros recibiron asemade pantallas de protección, gorros, calzas e diversos produtos de desinfección e limpeza que suman un total de 62.586 unidades.

Se trata de centros de atención a discapacidade, igualdade,, inclusión, de maiores, menores e xuventude.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área viguesa.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.