A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Activo un incendio no concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 100 hectáreas

Permanece estabilizado o lume do municipio coruñés de Porto do Son, parroquia de Nebra, que afecta unha superficie provisional de 35 hectáreas

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Verín

Activo desde as 15,41 h. desta tarde un lume no concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada sitúase arredor das 100 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 4 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 9 avións.

Porto do Son

Permanece estabilizado dende as 08,59 h. desta mañá o incendio forestal do concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Nebra, que comezou ás 16,51 h. da tarde de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie aproximada de 35 hectáreas, sendo esta medición provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 20 axentes, 31 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.