A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Extinguido o lume do municipio de Ourense, parroquia homónima, que afectou 52,1 hectáreas de superficie

Estabilizado o incendio do concello de Porto do Son, parroquia de Nebra, que afecta unha superficie provisional de 35 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Ourense

Extinguido ás 11,06 h. desta mañá o lume do concello de Ourense, parroquia homónima, tras comezar o sábado ás 15,09 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 52,1 hectáreas, das cales 28 son arboradas e o resto monte raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 19 axentes, 50 brigadas, 32 motobombas, 7 helicópteros e 12 avións.

Porto do Son

Estabilizado ás 8,59 h. desta mañá o incendio forestal do concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Nebra, que comezou ás 16,51 h. da tarde de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie aproximada de 35 hectáreas, sendo esta medición provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 17 axentes, 25 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural