A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Controlado o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta 57,79 hectáreas de superficie

Extinguido o lume no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de San Pedro de Muro, que afectou 19,35 hectáreas

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Ourense

Controlado ás 11,36 h. o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, tras comezar o sábado ás 15,09 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 57,79 hectáreas, das cales 25 son arboradas e o resto monte raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 13 axentes, 40 brigadas, 28 motobombas, 7 helicópteros e 11 avións.

Porto do Son

Extinguido ás 12,00 h. o incendio rexistrado no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de San Pedro de Muro, tras comezar o sábado ás 17,42 h. da tarde. Segundo a medición realizada con GPS, a superficie afectada foi de 19,35 hectáreas, das cales 3 son de monte arborado e o resto monte raso. Na súa extinción participaron 9 axentes, 26 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.