A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe

Permanece estabilizado o incendio de Rubiá, parroquia de Pardollán, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 40 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra

Extinguido o lume no concello coruñés de Lousame, parroquia de Vilacova, cunha superficie afectada de 41 hectáreas

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.

Rubiá

Permanece estabilizado dende as 20,32 h. de onte o lume rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, tras comezar ás 13,05 h. desa tarde. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 40 hectáreas do parque natural da Serra da Lastra. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 10 axentes, 21 brigadas, 8 motobombas, 4 helicópteros e 11 avións.

Lousame

Quedou extinguido ás 23,19 h. o lume rexistrado no concello coruñés de Lousame, parroquia de Vilacova, tras comezar ás 14,50 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 41 hectáreas, das cales 38 foron arboradas e 3 rasas. No lugar traballaron 5 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.