Estabilizado o incendio forestal no concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias, quedou estabilizado ás 19,10 h. tras comezar ás 15,47 h. desta tarde.

Segundo novas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Na súa extinción levan traballado 4 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.