Activo un incendio forestal no concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie que rolda as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias. O incendio comezou ás 15,47 h. desta tarde e permanece activo arestora.

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie que rolda as 20 hectáreas. No seu control levan traballado 4 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.