Activo un incendio forestal no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas 

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2020

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón. O incendio comezou ás 03,38 h. desta madrugada, polo que todo indica que foi intencionado, e permanece activo arestora.

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas. No seu control levan traballado 5 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas e 1 pa. Está previsto que á maior brevidade se incorporen tamén aos labores de extinción medios aéreos.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural