A Xunta reforza a protección nos campamentos infantís e nos centros sociais da provincia de Pontevedra cun novo envío de material

A Delegación da Xunta en Pontevedra facilitou ata o de agora máis de 1,55 millóns de unidades de protección a 218 centros sociais e 5 campamentos infantís, incluíndo centros de día de iniciativa social

A nivel provincial, dende o inicio do reparto entregáronse 757.540 luvas e 683.926 máscaras, ademais de 108.007 unidades de produtos de desinfección, batas e mandís protectores

Na comarca do Salnés, os concellos recibiron 71.807 unidades de protección
 

Pontevedra, 09 de xullo de 2020

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Xunta en Pontevedra, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos centros sociais da área territorial cun novo envío esta semana que inclúe asemade os centros de día de iniciativa social e os campamentos infantís programados pola Xunta de Galicia para esta tempada do verán. En conxunto máis de 1,5 millóns de unidades que reforzan a protección fronte á Covid-19 para os centros de días e 32.947 para os 5 campamentos infantís.

Deste modo, na última semana enviáronse en conxunto 77.700 luvas, 76.842 máscaras, e 3.295 batas, pantallas de protección e diverso material de desinfección e limpeza, facendo un total de 157.837 novas unidades en conxunto.

Con este último reparto, as unidades enviadas a un total de 218 centros sociais da provincia e 5 campamentos infantís suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, case 1,55 millóns de unidades de protección Así, foron 757.540 luvas, 683.926 máscaras e 108.007 batas, pantallas de protección e diverso material de desinfección e limpeza.

Trátase de centros de atención a discapacidade, igualdade, inclusión, de maiores, menores e xuventude.

A maiores, cabe destacar tamén as 71.807 unidades de protección enviadas pola administración autonómica aos concellos da comarca do Salnés, co obxectivo de garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.