A Xunta reforza a protección nos campamentos infantís e nos centros sociais da área de Vigo cun novo envío de material

A Delegación de Vigo facilitou ata o de agora 963.905 unidades de protección a máis dun centenar de centros sociais, incluíndo centros de día de iniciativa social

Desde o inicio do reparto entregáronse 479.790 luvas, 408.620 máscaras, 20.918 traxes e batas, ademais de 5.359 unidades de produtos de desinfección

Ao Centro de Educación Ambiental O Kirico de Fornelos de Montes cuxa actividade dará comezo o vindeiro 19 de xullo, subministráronse 1.200 unidades de protección
 

Vigo, 9 de xullo de 2020

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos centros sociais da área territorial cun novo envío esta semana que inclúe asemade os centros de día de iniciativa social e os campamentos infantís programados pola Xunta de Galicia para esta tempada do verán. En conxunto preto de 965.000 unidades que reforzan a protección fronte á Covid-19.

Deste modo, na última semana enviáronse en conxunto 44.300 luvas, 31.978 máscaras, 154 batas e 66 pantallas de protección entre diverso material de desinfección e limpeza a 77 centros, facendo un total de 76.872 novas unidades en conxunto, que inclúen diversos produtos de limpeza e desinfección.

Con este último reparto, as unidades enviadas a un total de 128 centros sociais da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 963.905 unidades de protección, unidades de material de protección. Así, foron 479.790 luvas, 408.620 máscaras, 20.918 traxes e batas, 55.877 pantallas, gorros e calzas, ademais de 5.359 unidades de produtos de desinfección e limpeza.

Se trata de centros de atención a discapacidade, igualdade, inclusión, de maiores, menores e xuventude.

No caso dos campamentos de verán, polo momento subministráronse 1.200 unidades de protección ao Centro de Educación Ambiental O Kirico de Fornelos de Montes cuxa actividade dará comezo o vindeiro 19 de xullo.
 

Imaxes relacionadas