O DOG publica hoxe a resolución que establece a reposición, a partir do 1 de xullo, do 100% dos servizos de autobús na mesma provincia, ao levantarse as restricións da covid-19

A Xunta restablece desde mañá a totalidade dos servizos de autobús entre Ponteceso e A Coruña

Co restablecemento de todas as liñas e frecuencias, as expedicións diarias aumentarán de 5 a 7

As liñas disporán de dúas saídas de Laxe, ás 8 e 12,45 horas; unha de Corme, ás 7,30; e 4 da Coruña, ás 11,25, 15, 16 e 18,15 horas, coas correspondentes paradas en Ponteceso

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020

A Xunta restablece desde mañá a totalidade dos servizos de autobús entre Ponteceso e A Coruña, aumentando de 5 a 7 as expedicións diarias.

Unha vez levantadas as restricións por mor da covid- 19, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade que establece que a partir do 1 de xullo se deberán repoñer o 100% dos servizos de autobús de competencia autonómica dentro da mesma provincia.

Co restablecemento de todas as liñas e frecuencias, a partir de mañá disporanse dúas saídas de Laxe, ás 8 e 12,45 horas; unha de Corme, ás 7,30 horas; e catro da Coruña, ás 11,25, ás 15, ás 16 e ás 18,15 horas. Estes percorridos realizarán as súas correspondentes paradas en Ponteceso.

A Xunta, no marco do novo Plan de Transporte Público de Galicia, está a licitar o contrato de servizos de autobús para o norte das comarcas de Fisterra, Bergantiños e A Coruña, que inclúe as citadas expedicións entre Ponteceso e A Coruña.