Conde defende o papel clave do tecido empresarial pontevedrés na reactivación da economía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na clausura da asemblea da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)

Aposta pola colaboración das administracións e os diferentes axentes económicos e sociais para impulsar a recuperación da economía galega

Destaca a necesidade de achegar liquidez a pemes e autónomos e afondar na transformación dixital

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na clausura da asemblea da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP) o papel clave do tecido empresarial pontevedrés na reactivación da economía, poñendo o foco tanto nos autónomos como nas pequenas e medianas empresas pola súa capacidade para xerar emprego.

Conde afondou na necesidade da colaboración público-privada neste ámbito, e apostou por realizar un traballo conxunto entre as administracións e os axentes económicos e sociais para a recuperación da economía, destacando que a CEP é un actor clave no deseño das diferentes medidas.

Na súa intervención, o conselleiro sinalou que a prioridade no actual contexto económico está en achegarlles liquidez ás empresas e afondar na transformación dixital, ao tempo que subliñou a necesidade de transformar os espazos para posibilitar o distanciamento físico nos negocios.

Imaxes relacionadas