Carmen Pomar mantén un encontro cos responsables dos oito centros universitarios de investigación de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, mantivo esta tarde un encontro cos responsables dos oito centros de investigación universitaria de Galicia, para coñecer de primeira man o traballo científico que están desenvolvendo.

Na xuntanza participaron pola Universidade da Coruña (UDC) o director do CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Información), Manuel González; pola USC o director do CIMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas), Carlos Diéguez, o director do CIQUS (Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), José Luis Mascareñas, o director do CITIUS (Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes), Senén Barro, e o director do IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), Carlos Salgado. Pola súa banda, pola UVigo asistiron o director de ATLANTIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación), Martín Llamas, a director do CIM (Centro de Investigacións Mariñas), Daniel Rey García, e o director do CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas), Miguel Ángel Correa.

Imaxes relacionadas