A Xunta recoñece en Sanxenxo o esforzo colectivo do sector turístico para consolidar Galicia como destino seguro

Sanxenxo (Pontevedra), 21 de xuño de 2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o conselleiro do Medio Rural, José González, asistiron hoxe á presentación do novo Hotel Augusta Eco Wellness Resort, no seu 21 aniversario. Durante o acto, os representantes da Xunta de Galicia recoñeceron o esforzo colectivo dos profesionais do turismo á hora de adaptarse ao novo escenario poscoronavirus e animaron a seguir traballando xuntos ante os retos para a reactivación da actividade.

Púxose de manifesto, ademais, a crecente modernización e adaptación da planta hoteleira galega, con exemplos como este establecemento referente da hostalería das Rías Baixas que soubo adaptarse aos novos tempos cunha oferta vinculada á saúde, o benestar, a excelencia e a hospitalidade.

Imaxes relacionadas