Galicia representará ante a Unión Europea ás comunidades autónomas españolas en materia de pesca no vindeiro semestre

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta tarde por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Pesca presidida polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e da que tamén formaron parte o resto de conselleiras e conselleiros autonómicos do ramo. Neste encontro Cataluña cedeu a Galicia a representación das comunidades autónomas españolas en materia pesqueira ante a Unión Europea durante o segundo semestre deste ano.

Na Conferencia Sectorial de Pesca de hoxe tamén se aprobaron as paradas temporais do Mediterráneo e Golfo de Cádiz, un asunto que non afecta a Galicia, e abordáronse outras cuestións relativas a outras comunidades autónomas e relacionadas co financiamento dentro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Imaxes relacionadas