A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Xallas, no Concello de Santa Comba

As tarefas céntranse nun tramo de 71 metros ao seu paso pola parroquia de Mallón

As actuacións consisten na retirada dunha árbore baixo a ponte de Truebe e roza selectiva nas inmediacións dunha das estación de aforo que mide o caudal do río

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Xallas, ao seu paso polo concello de Santa Comba.
Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de 71 metros de lonxitude, que coincide co percorrido pola parroquia de Mallón (San Cristovo).
As principais tarefas céntranse na retirada dunha árbore baixo a ponte de Truebe e roza selectiva nas inmediacións dunha das estación de aforo que mide o caudal do río.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.
A Xunta de Galicia mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Imaxes relacionadas