A Xunta licita a redacción dos proxectos para rehabilitar dous inmobles adquiridos polo IGVS no conxunto histórico de Ourense

O organismo público autonómico acaba de contratar estes traballos, por un importe de máis de 124.000 euros

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2020

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), acaba de licitar o contrato de redacción dos proxectos de rehabilitación de dous edificios emprazados no conxunto histórico de Ou-rense.

O contrato inclúe a redacción dos proxectos e a dirección da obra de rehabilitación dos inmobles localizados nas rúas Pelaio 9 e Manuel Sueiro 3, esquina rúa liberdade 30, por un importe de 124.133,53 euros e cun prazo de tres meses para a redacción e de 15 meses para a dirección de obra.

No conxunto histórico de Ourense, cómpre lembrar que o IGVS xa rematou as obras de rehabilitación de cinco vivendas emprazadas en rúa Vilar 1 e rúa Vilar 3-5, cun investi-mento de preto dun millón de euros.

Os inmobles para os que se van redactar os proxectos foron adquiridos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do Programa Rexurbe, cun investimento de máis de 466.000 euros.