A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio no Concello de Pontevedra

No que vai de ano foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 22 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Pontevedra, 12 de xuño de 2020

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Pontevedra e axentes ambientais da Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural, procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun lume forestal.

O incendio rexistrouse o pasado 8 de xuño no lugar de A Ruibal, na parroquia de Salcedo do concello de Pontevedra, e afectou 0,03 hectáreas de superficie arborada e 0,13 hectáreas de monte raso.

O lume produciuse por un escape dunha queima de restos agrícolas en zona de influencia forestal, sen tomar as debidas medidas de seguridade.

Na extinción participaron un axente, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, unha brigada e unha motobomba da Consellería do Medio Rural, así como catro bombeiros con dúas unidades motorizadas do Concello de Pontevedra.

No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 22 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Imaxes relacionadas