O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de San Pedro de Vilantime, no concello coruñés de Arzúa

Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 809 hectáreas

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se aproba o acordo da reestruturación parcelaria da zona de San Pedro de Vilantime, no concello coruñés de Arzúa, que afecta 809 hectáreas.

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 4.025 parcelas en 903 predios.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.