A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Samo, no concello de Oroso

As tarefas están a desenvolverse nun tramo de preto de 1 quilómetro ao seu paso pola parroquia de Marzoa

As actuacións céntranse na retirada de árbores e de madeira morta na canle
 

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Samo, ao seu paso polo concello de Oroso.
Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de preto de 1 quilómetro de lonxitude, que coincide co percorrido pola parroquia de Marzoa (San Martiño).

As principais tarefas consisten na retirada de árbores e de madeira morta na canle do río.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.

A Xunta de Galicia mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
 

Imaxes relacionadas