A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, abordou a implantación do novo dispositivo nunha reunión de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo

A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse mañá nos concellos da área de Pontevedra, onde os menores de 21 anos poderán empregala desde o vindeiro 15 de xuño

Uns 1.000 mozos de Marín poderán beneficiarse deste dispositivo, que permite que os menores de 21 anos viaxen gratis no transporte público dependente da Xunta

Para conseguir a tarxeta é necesario solicitar cita previa nunha das oficinas de Abanca habilitadas e os menores de idade deben acudir acompañados dun proxenitor

As tarxetas non precisan ter unha conta asociada, simplemente deben ter un saldo inicial para empezar a viaxar e posteriormente irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas

Con esta medida foméntase entre os mozos a mobilidade sostible, segura e de pago sen contacto

Imaxes relacionadas