O 061 de Galicia asistiu a 49 persoas por 38 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 5 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 43 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 8 de xuño de 2020

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 49 persoas debido a 38 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 5 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xuño. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 15 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 43 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 38 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 49 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67% e do 33% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra rexistrou 18 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

10
Lugo
4
Ourense
6
Pontevedra
18
Galicia
38

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 48. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado asistiu en cinco accidentes de tráfico, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 37 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais atenderon nunha ocasión.

En 42 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.