A secretaria xeral da Igualdade reúnese coa presidenta da Asociación CIOR Galicia

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia coa presidenta da Asociación de Prevención e Axuda aos Trastornos da Conduta Alimentaria (CIOR Galicia), María Luz Cid Orin.

López Abella destacou o traballo desta organización sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico para previr, detectar e contribuír a superar os trastornos da conduta alimentaria a través do asesoramento e do apoio ás persoas usuarias e ás súas familias.
 

Imaxes relacionadas