A Xunta adxudica a redacción do proxecto de execución de dúas sendas no entorno dos núcleos de Soesto e Serantes, no concello de Laxe

O contrato, adxudicado por un importe duns 16.000 euros, establece un prazo de execución de 6 meses

A senda en Soesto iniciarase na intersección da estrada AC-433 coa súa antiga traza e prolongarase ata o núcleo de Arrueiro
 

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de execución de dúas sendas nos núcleos de Soesto e Serantes, no concello de Laxe.

Esta actuación ao longo da antiga traza da estrada AC-433, foi adxudicada á empresa Ingal Ingeneniería y Aplicaciones, S.L., por un importe duns 16.000 euros. O contrato establece 6 meses de prazo para a redacción do proxecto.

A intervención responde á solicitude do alcalde de Laxe ao departamento que dirixe Ethel Vázquez, e na redacción do proxecto terase en conta os criterios de deseño do Plan de sendas de Galicia, para o fomento da mobilidade sostible e a mellora da seguridade vial no municipio.

O itinerario de Soesto iniciarase na entorna do puntos quilométricos 10+700 da estrada actual AC-433, na intersección desta coa súa antiga traza e se prolongará ata o núcleo de Arrueiro.

A senda de Serantes realizarase na entorna dos puntos quilométricos 11+050 e 12+200 da estrada actual, pero apoiada na antiga traza, entre os núcleos de Coenlle e Piñeiro.