A Xunta reabre de forma permanente ao tránsito peonil o paseo marítimo da Malata de Ferrol

O carril bici continuará pechado á circulación ata que se remate a execución do colector xeral das obras de saneamento

Os traballos avanzan a bo ritmo e antes do verán conectarase ao sistema o entorno da Cabana, quedando xa libre de vertidos a metade da enseada
 

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2020

A Xunta vén de reabrir de forma permanente ao tránsito peonil o paseo marítimo da Malata, en Ferrol.

O carril bici continuará pechado á circulación ata que se remate a execución do colector xeral das obras de saneamento. Esta zona estará debidamente valada e sinalizada.
O mes pasado abriuse ao tránsito, durante as fins de semana, para o tránsito peonil e o avance nas obras permite agora que permaneza aberto de xeito permanente.

Na actualidade as actuacións do saneamento da Malata continúan avanzando a bo ritmo. Segundo a posta en servizo planificada por fases, antes do verán poderá conectarse ao sistema de saneamento o entorno da Cabana, co que a metade da enseada quedará libre de vertidos mentres se completan as obras na zona da Malata.