A Xunta financia 11 unidades de atención temperá na provincia da Coruña das cales 3 son de nova creación

Un total de 48 concellos coruñeses contan con este servizo, ao que se destinan máis de 771.000 euros

Estas unidades son básicas para identificar, previr e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade

A Coruña, 28 de maio de 2020

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución da Consellería de Política Social en relación coa orde de axudas para a posta en marcha da rede galega de atención temperá. O representante do goberno autonómico informou que a Xunta financia 11 centros de atención temperá na provincia da Coruña cunhas achegas de máis de 771.000 euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a listaxe de concellos e agrupacións de concellos beneficiados desta liña de axudas cofinanciada polo fondo social europeo e coa que a cobertura deste servizo chega xa a 129 localidades da nosa comunidade.

“Do importe total das axudas da Xunta para estas unidades, apuntou Ovidio Rodeiro, a provincia da Coruña recibe unha achega que supera os 771.000 euros e haberá 3 unidades de nova creación, a agrupación compartida de O Pino, Touro, Boqueixón e Vedra e as unidades individuais de Sada e As Pontes de García Rodríguez”

Ademais manteranse as unidades compartidas polos municipios de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo; a agrupación de Padrón, Dodro e Rois; a agrupación de Abegondo, Bergondo e Carral; a unidade de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son; a agrupación de Pobra Ribeira e Boiro; a unidade de Fene, Ares, Cabana, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño; a agrupación de Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo e a unidade de Santa Comba e a Baña.

O delegado territorial destacou que rede galega de atención á infancia dispón tamén de recursos nos ámbitos sanitario, educativo e dos servizos sociais.

Prevención de trastornos

As unidades de atención temperá son fundamentais para identificar e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade. O Goberno galego segue a apostar por este modelo baseado na prevención, a identificación e o tratamento precoz para dar resposta ás necesidades específicas que poidan presentar estes menores.

A atención temperá facilítalles ferramentas para gañar autonomía xa desde a infancia para que gocen dunha maior calidade de vida cando sexan maiores. Así mesmo, ao actuar antes hai máis opcións de evitar que os trastornos no desenvolvemento perduren no tempo e sexa máis difícil corrixilos.


LIÑA DE AXUDAS REDE ATENCIÓN TEMPERÁ PARA O ANO 2020N – DOG 26 DE MAIO
 

 

COMARCA

ENTIDADE SOLICITANTE

CONCELLOS INTEGRANTES

IMPORTE MÁX. AXUDA

A CORUÑA

AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE ABEGONDO, BERGONDO E CARRAL

ABEGONDO, BERGONDO E CARRAL

66.381,12 €

A CORUÑA

CONCELLO DE SADA

SADA

20.283,12 €

TOTAL A CORUÑA

86.664,24 €

BARBANZA

AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE NOIA, LOUSAME, OUTES, MUROS E PORTO DO SON

NOIA, LOUSAME, OUTES, MUROS E PORTO DO SON

112.150,17 €

BARBANZA

AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DA POBRA DO CARAMIÑAL, RIBEIRA E BOIRO

POBRA DO CARAMIÑAL, RIBEIRA E BOIRO

130.018,73 €

TOTAL BARBANZA

242.168,90 €

CARBALLO

AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DE DUMBRÍA, CAMARIÑAS, CARNOTA, CEE, CORCUBIÓN, FISTERRA, MAZARICOS, MUXÍA, ZAS E VIMIANZO

DUMBRÍA, CAMARIÑAS, CARNOTA, CEE, CORCUBIÓN, FISTERRA, MAZARICOS, MUXÍA, ZAS E VIMIANZO

49.555,35 €

TOTAL CARBALLO

49.555,35 €

FERROLTERRA

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL

FERROL, ARES, CABANAS, CEDEIRA, FENE, MUGARDOS, NARÓN, NEDA E VALDOVIÑO

55.342,98 €

FERROLTERRA

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

26.794,46 €

TOTAL FERROLTERRA

82.137,44 €

SANTIAGO

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES

ORDES, CERCEDA, FRADES, MESÍA, OROSO, TORDOIA E TRAZO

142.682,63 €

SANTIAGO

AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE SANTA COMBA E A BAÑA

SANTA COMBA, A BAÑA

52.167,38 €

SANTIAGO

AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DE PADRÓN, DODRO E ROIS

PADRÓN, DODRO E ROIS

57.814,39 €

SANTIAGO

AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DO PINO, TOURO, BOQUEIXÓN E VEDRA

O PINO, TOURO, BOQUEIXÓN E VEDRA

57.814,39 €

TOTAL SANTIAGO

310.478,79 €

TOTAL PROVINCIA DA CORUÑA

771.004,72 €