O vicepresidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade reúnense con representantes dos sindicatos policiais

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia con representantes dos sindicatos policiais para coñecer as súas demandas en canto á protección dos funcionarios policiais fronte ao coronavirus. No encontro tamén participou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Alfonso Rueda agradeceulles o seu traballo nos operativos relacionados co cumprimento das restricións derivadas do estado de alarma e destacou o importante labor que desempeñan na loita contra a covid-19 para garantir a seguridade da cidadanía. O vicepresidente da Xunta trasladoulles que o Goberno galego estudará que os axentes da Policía Nacional e da Policía Autonómica poidan incluírse entre os colectivos de risco que están máis expostos ao virus aos que a Xunta está a realizar test rápidos.

Imaxes relacionadas