O 061 de Galicia asistiu a 60 persoas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 22 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 24 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 60 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 25 de maio de 2020

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 60 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 22 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 24 de maio. O días que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 25 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 60 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 69% e do 31% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 24% dos atendidos tiña entre 35 e 44 anos.

Por provincias, A Coruña rexistrou 20 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
20
Lugo
7
Ourense
10
Pontevedra
15
Galicia
52

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 63. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado asistiu en cinco accidentes de tráfico, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 51 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro.

En 56 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en tres ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

Imaxes relacionadas