Galicia pechou o primeiro trimestre do ano como a comunidade que paga antes as súas facturas, segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda

O informe oficial publicado hoxe indica que o período medio de pago en Galicia é de 14,5 días, menos da metade que a media autonómica (35 días)

A débeda comercial de Galicia tamén é a menor de España, segundo o Ministerio

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020

O Ministerio de Facenda vén de indicar que Galicia é a comunidade autónoma que mellor pagou as súas facturas ao peche do primeiro trimestre do ano, tal como mostran os datos do Informe mensual sobre plazos de pago a proveedores y deuda comercial de las Comunidades Autónomas publicado hoxe.

O período medio de pago (PMP) de Galicia ao peche do primeiro trimestre situouse en 14,51 días, o que supón o tempo máis baixo das 17 comunidades autónomas. Pola contra, este indicador ascendeu a 34,98 días na media autonómica, o que confirma que Galicia pagou de media as súas facturas en menos da metade de tempo que o conxunto das comunidades.

En canto á evolución da débeda comercial, os datos do informe elaborado polo Ministerio de Facenda tamén sitúan a Galicia como a comunidade autónoma con menor débeda comercial de España ao peche do primeiro trimestre.

A ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de marzo no 0,12%, a máis baixa de toda España e inferior á media autonómica, que foi do 0,41%. Ao peche do mes de marzo, a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.575,5 millóns de euros, dos que 70 millóns –o 1,5% do total- corresponden a Galicia.

PMP – Peche 1º trimestre 2020
1
Galicia
14,5
 
10
Castilla y León
29,9
2
Andalucía
15,8
11
Baleares
33,8
3
Canarias
19,3
 

Total CC.AA.

35,0
4
País Vasco
19,7
12
Extremadura
35,3
5
Asturias
21,6
13
La Rioja
37,7
6
Cantabria
24,2
14
Murcia
40,4
7
Madrid
25,8
15
Aragón
44,2
8
Navarra
26,5
16
Cataluña
48,4
9

Castilla-La Mancha

27,4
17
Comun. Valenciana
52,2
 
 Fonte: Ministerio de Facenda

Imaxes relacionadas