A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Barcala e do rego de Doumes, no concello de Negreira

As tarefas están a desenvolverse en distintos tramos destes ríos ao longo duns 3 quilómetros ao seu paso polas parroquias de Covas e Negreira

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Barcala e do rego de Doumes, ao seu paso polo concello de Negreira.
Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo duns 3 quilómetros de lonxitude, que coincide co percorrido do río e do rego polas parroquias de Covas e Negreira.

As principais tarefas consisten na retirada de árbores caídas e de madeira morta na canle.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
 

Imaxes relacionadas