A Xunta ve imprescindible achegar certezas e confianza ao sector enerxético para atraer novos investimentos

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro telemático coa nova xunta directiva da Asociación Eólica de Galicia (EGA), que segue estando presidida por Manuel Pazo. A videoconferencia enmárcase dentro do compromiso da Xunta co impulso das enerxías renovables e cunha Galicia Verde.

O conselleiro trasladoulles a postura da Xunta a favor dunha transición enerxética xusta e ordenada que compatibilice a actividade económica coa protección do medio ambiente. Para conseguilo é necesario, sobre todo no contexto actual, achegar certezas e confianza para atraer novos investimentos no sector enerxético.
 

Imaxes relacionadas