Ovidio Rodeiro destaca que o número de concellos adheridos ao convenio para a prevención de incendios ascende a 10 na comarca do Barbanza incorporando 65 brigadistas

O delegado territorial informou que Boiro, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes, A Pobra, Porto do Son, Rianxo e Ribeira están adheridos tamén ao convenio de xestión da biomasa para a limpeza de faixas secundarias

Ribeira (A Coruña), 20 de maio de 2020.- O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo esta mañá un encontro por videoconferencia cos alcaldes da comarca do Barbanza cos que xa están aprobados os convenios de prevención e defensa contra incendios forestais para a creación de brigadas municipais e de xestión da biomasa e cos responsable do distrito IV, responsable desta área na provincia.

No encontro agradeceu o intenso traballo que levaron a cabo os bombeiros forestais e axentes ambientais, e que seguen realizando, de limpeza e desinfección dos exteriores dos centros de saúde e residencias situadas en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Ovidio Rodeiro destacou que desde o inicio do estado de alarma leváronse a cabo arredor de 900 actuacións de limpeza na provincia con intervalos de aproximadamente tres días para mellorar a seguridade destes edificios públicos. “O seu traballo foi fundamental nos momentos máis difíciles da crise porque non se deixou a ningún concello sen a desinfección que se precisaba”.

Convenios de prevención e defensa contra incendios forestais

Ovidio Rodeiro explicou os convenios vixentes de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e os concellos. No caso concreto desta área, subscribiron estes convenios os municipios de Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.

A través destes convenios apóiase a creación de 13 brigadas cun total de 60 compoñentes nesta área e contarán con 7 motobombas. Ovidio Rodeiro explicou que algúns dos concellos xa contan con estes equipos e outros farano nas vindeiras semanas para levar a cabo traballos de prevención e para actuar no caso de que se produzan incendios forestais.

Estas brigadas municipais levan a cabo tamén traballos de prevención e de limpeza de espazos de risco nos concellos e colaboran co resto dos equipos doutras administracións na loita contra o lume. 

CONCELLO
Nº de brigadas
Nº de compoñentes
Nº de motobombas
BOIRO
1
5
1
LOUSAME
1
5
 
MAZARICOS
1
5
 
MUROS
2
10
 
NOIA
2
10
2
OUTES
1
5
1
POBRA DO CARAMIÑAL (A)
1
5
 
PORTO DO SON
1
5
1
RIANXO
2
10
 
RIBEIRA
1
5
2
TOTAL

13

65

7

Convenios de protección das aldeas

O delegado territorial tamén lembrou que o Goberno galego asinou, o ano pasado, unha addenda ao convenio de protección das aldeas subscrito con Seaga e a Fegamp para previr os lumes nas proximidades dos núcleos de poboación mediante a xestión da biomasa nas chamadas faixas secundarias.

A addenda supuxo unha optimización desa ferramenta cun dobre obxectivo. Por un lado, conseguir maior implicación dos concellos e, por outro lado, “transcender nesa colaboración a mera limpeza das faixas secundarias e tentar que sirva tamén para poñer en valor as terras que queden limpas”, sinalou o delegado territorial. Nestes momentos, engadiu, estase a tramitar unha terceira addenda ao convenio.

Ovidio Rodeiro destacou que “a prioridade seguen sendo as parroquias de alta actividade incendiaria”, pero tamén estamos poñendo recursos para contribuír á limpeza de faixas secundarias en aldeas modelo onde, tras a limpeza, haxa un compromiso de desenvolver proxectos agrogandeiros de xeito inmediato e así crear unha devasa natural fronte ao lume.

Con respecto ao convenio de xestión da biomasa, Rodeiro apuntou que na comarca do Barbanza están adheridos este ano os municipios de Boiro, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira

O delegado territorial destacou que o compromiso da Xunta na colaboración cos concellos ten varios obxectivos: o compromiso económico ao destinar 28,7 millóns de euros ata 2022, o que supón case o 80% dos fondos destinados a este fin; o compromiso de facer efectiva a xestión da biomasa, e o compromiso de apoiar aos concellos para determinar as faixas secundarias nos plans municipais de defensa contra os incendios. Rodeiro incidiu en que para facilitar estas tarefas se puxo en marcha un visor web específico para os concellos que en 2021 abranguerá todos os municipios de Galicia adheridos ao convenio de protección das aldeas.

O representante do Goberno autonómico lembrou que “a Xunta amosou sempre vontade de cooperación para facilitar o labor dos concellos” e no últimos anos renováronse e reforzáronse os instrumentos existentes para evitar ao máximo posible os incendios.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Medio Rural