A Xunta triplicará a rede de control do caudal dos ríos con especial risco de inundación con 50 novas estacións de seguimento en tempo real

Augas de Galicia dispón actualmente dunha rede de 43 estacións de aforo na demarcación Galicia-Costa que actualizan información cada dez minutos

Desas estacións xa existentes, 16 están situadas en zonas fluviais especialmente susceptibles de sufrir inundacións

En total, Galicia disporá dun total de 93 puntos de control, reforzando a capacidade de predición e resposta ante inundacións e fenómenos de seca
 

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, triplicará a rede de control do caudal dos ríos con risco de inundación, a través de 50 novas estacións que permitirán o seguimento en tempo real.
Augas de Galicia dispón na actualidade dunha rede de 43 estacións de aforo na Demarcación Galicia-Costa. Estes puntos facilitan información cada dez minutos sobre a rede fluvial, e 16 dos xa existentes coinciden en zonas fluviais de especial risco.
Coa instalación das novas estacións, Augas de Galicia disporá dun total de 93 estación de aforo, dobrando os seus sistemas de alerta temperá para reducir os efectos negativos das inundacións, e tamén ante os fenómenos de seca.
Estas estacións son unha ferramenta básica na xestión de eventos extremos, xa que achegan información da evolución de caudais e axuda na toma de decisións a Augas de Galicia e ás autoridades competentes sobre as medidas de evacuación ou protección necesaria en cada momento.
Na xestión de inundacións, os datos da rede de aforos permiten avaliar o desenvolvemento destes eventos e coñecer as dinámicas dos ríos para predicir o seu comportamento ante estas situacións. As mesmas son indispensables para realizar os plans de xestión de riscos de inundación.
No caso da xestión de seca, a comparativa dos caudais circulantes actuais coa da media rexistrada no mesmo período de anos anteriores, permite observar desviacións da normalidade e advertir da posibilidade de risco de seca a curto prazo.
Ademais, en caso de seca, estes datos son esenciais para o seu seguimento, permitindo avaliar obxectivamente a súa intensidade e o seu desenvolvemento e favorecendo a toma de medidas de xeito máis eficaz.
O rexistro dos caudais dos ríos é así básico para a avaliación da situación hidrolóxica e permite á administración hidráulica da Xunta cuantificar os recursos hídricos dispoñibles. Isto permítelle, tamén, establecer os caudais mínimos necesarios para a conservación dos ecosistemas fluviais, establecer condicións aos usos da auga ou observar tendencias a longo prazo, dando seguimento tamén, por exemplo, aos efectos do cambio climático.
Ademais, desde o punto de vista do uso público xeral, a información obtida nas estacións de aforo facilita o coñecemento do estado dos ríos para o desenvolvemento de actividades como a pesca ou piragüismo. Tamén son moitas as universidades, centros de investigación ou consultoras que acceden á información da Xunta para poder realizar distintos cálculos de deseño de infraestruturas, estudios ou investigacións.
A Xunta de Galicia na súa aposta pola mellora do coñecemento do comportamento dos ríos da demarcación Galicia-Costa e a súa xestión, ten en marcha a contratación da ampliación da rede de aforo en zonas inundables, así como o de explotación e mantemento da rede actual. O investimento total de ambos os contratos rolda os 2 millóns de euros.
A continuación, móstrase a situación da actual rede de estacións de estación de aforo:

MUNICIPIOS VINCULADOS AL ARPSI
NOMBRE ARPSI
ESTACIÓN DE AFOROS
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Eume - As Pontes
Eume_Ribeira 455
BAIONA
Río Groba - Baiona
Groba 595
CALDAS DE REIS
Río Umia - Caldas de Reis
Umia 564
CAMBRE
Río Mero - Cambre
Mero A Telva 473
CARBALLO
Río Anllóns - Carballo
Anllóns Carballo 483
CEE
Río de Cee
Cee 510
GONDOMAR
Río Miñor - Gondomar
Miñor 594
MONDOÑEDO
Río Masma - Mondoñedo
Masma 431
NEDA
Río Belelle - Neda
Belelle 449
ORTIGUEIRA
Río Mera - Mera - Ortigueira
Mera 443
PONTE CALDELAS
Río Verdugo - Ponte Caldelas
Verdugo 585
RIBADUMIA
Río Umia - Ribadumia
Baixo Umia 568
TEO
Río Ulla - Pontevea
Ulla Teo 554
VALDOVIÑO
Río das Mestas - Valdoviño
Rego das Mestas 445
VIGO
Río Lagares - Vigo
Lagares 593
VIVEIRO
Río Landro - Viveiro
Landro 438


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxes relacionadas